As inscricións deberán realizarse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ata o 29 de xuño
Ordes acollerá o vindeiro día 30 de xuño a celebración dun curso de manipulador de alimentos. O curso desenvolverase en horario de 16:00 a 19:00 horas nunha das aulas formativas do punto de encontro, situado nos baixos da Alameda.
Todos aqueles que estean interesados en participar deberán realizar a inscrición na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, situada no segundo andar da Casa do Concello ou chamando aos teléfonos 981680002 /981680157, onde tamén recibirán máis información. O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 29 de xuño.
O curso consistirá nunha charla informativa de tres horas presenciais nas que se tratarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria. Presenta un examen final tipo test de aproveitamento do curso.
Trátase dun curso obrigatorio para todas aquelas persoas que traballen no sector da industria alimentaria: panadeiros, camareiros, cociñeiros, dependentes de conxelados, charcuterías, persoal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, persoal de guarderías, comedores de colexios, persoal de residencia de anciáns, e outros.
O prezo do curso é de 25 euros.
*