sábado, 4 de junio de 2011

A piscina de O Muíño abre as súas portas o mércores 15 de xuño

Podes recoller o teu abono de tempada no departamento e Cultura e Deportes do Concello de Ordes

Como cada ano coa chegada da tempada estival o Concello de Ordes ten todo a punto para ofrecer aos veciños e veciñas as mellores instalacións para o verán. Así, a piscina municipal de O Muíño abrirá as súas portas o vindeiro 15 de xuño ata o 15 de setembro en horario de 11:00 a 21:00 horas.

En canto aos prezos das entradas, os abonos para toda a tempada serán de 6,27 euros para os nenos e nenas de 3 a 15 anos, e de 12,54 euros para os aboados de 16 anos en diante. Os abonos expediranse no departamento de Cultura e Deporte na pranta baixa da Casa do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Por outra banda, os prezos das entradas puntuais para as persoas que non conten co abono da tempada, será de 0,65 euros ao día para os nenos de 3 a 15 anos, e de 1,25 euros ao día para as persoas de 16 anos en diante.

Cursos de natación
Como vén sendo habitual cada ano, durante os meses de xullo e agosto celebraranse tamén na piscina de O Muíño novos cursos de natación. Cursos que se impartirán polas mañás e para os que haberá que facer a inscrición dende o 8 ao 24 de xuño na concellería de Cultura e Deporte do Concello.

Os prezos destes cursos serán de 12,55 euros ao mes para os nenos e nenas de 3 a 15 anos, e de 18,80 euros ao mes para os participantes de 16 anos en diante. Para que se leven a cabo os cursos deberá xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

*