miércoles, 15 de junio de 2011

A piscina do Muiño abriu hoxe as súas portas

A piscina de O Muiño estará aberta ata o 15 de setembro e está ubicada no Campo da Feira. / Arq.

Este ano tamén contará con servizo de bibliopiscina

O abono de tempada para nenos será de 6,27 euros e para adultos, 12,54 euros

A piscina municipal de O Muíño abríu hoxe as súas portas para todos os veciños e veciñas do municipio así como para visitantes. As instalacións permanecerán abertas todos os días en horario de 11:00 a 21:00 horas ata o vindeiro 15 de setembro.

En canto aos prezos das entradas, os abonos para toda a tempada, que todavía se poden solicitar no departamento de Cultura e Deporte do Concello, son de 6,27 euros para os nenos e nenas de 3 a 15 anos, e de 12,54 euros para os aboados de 16 anos en diante. Por outra banda, os prezos das entradas puntuais para as persoas que non conten co abono da tempada, será de 0,65 euros ao día para os nenos de 3 a 15 anos, e de 1,25 euros ao día para as persoas de 16 anos en diante.

Como en anos anteriores as instalacións contan cun servizo de bibliopiscina para que os usuarios poidan, ademais de disfrutar da piscina, empregar este tempo de ocio tamén á lectura de libros para todos os gustos e idades así como de xornais.

Cursos de natación
Como vén sendo habitual cada ano, durante os meses de xullo e agosto a piscina de O Muíño acollerá tamén novos cursos de natación. Cursos que se impartirán polas mañás e para os que todavía se pode facer a inscrición ata o 24 de xuño na concellería de Cultura e Deporte situada na pranta baixa do Concello. Os prezos destes cursos serán de 12,55 euros ao mes para os nenos e nenas de 3 a 15 anos, e de 18,80 euros ao mes para os participantes de 16 anos en diante. Para que se leven a cabo os cursos deberá xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

*