martes, 14 de junio de 2011

Martínez Sanjurjo agradece as mostras de apoio e solicita axudas para os danificados

O portavoz municipal do PP pida ás administracións públicas apoio e asesoramento para os veciños e empresarios da rúa Campeiras afectados pola explosión

O Partido Popular de Ordes emitiu esta tarde unha nota pola que agradece todas as mostras de apoio e solidariedade recibidas desde que na madrugada de onte se rexistrou unha explosión na súa sede local da rúa das Campeiras.

O voceiro municipal do PP ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, personaliza ese agradecemento no conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, que visitou a sede danada; na presidenta do Parlamento de Galicia, no delegado do Goberno en Galicia, no alcalde de Ordes e todos os grupos políticos representados na corporación municipal, entre outras autoridades e institucións. Pero agradece tamén o apoio presencial e as chamadas recibidas de multitude de veciños do concello de Ordes e de municipios próximos, e de integrantes do Partido Popular de toda Galicia, da sede nacional do PP e de outras comunidades.

Axudas aos danificados
Martínez Sanjurjo fai un chamamento ás institucións públicas para que ofrezan o máximo apoio e asesoramento posible aos veciños e empresarios dos locais e vivendas da rúa da Canteira que resultaron afectados polo estourido do artefacto colocado na sede do PP. 

Con todo, Martínez felicítase de que a explosión non teña producido lesións ás persoas que residen nas inmediacións da sede local dos populares de Ordes, pero insiste en que os afectados deben recibir axuda para recuperar a normalidade canto antes.

*