sábado, 4 de junio de 2011

A Biblioteca Municipal pecha un exitoso mes de maio cheo e actividades


Repartíronse libros, celebráronse contacontos e houbo dúas visitas o IES Maruxa Maio e a asociación Tarandeira

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes celebrou durante todo este mes de maio infinidade de actividades que contaron cun alto grao de participación.

Así e con motivo do Día das Letras Galegas realizouse un reparto de libros e deuvedés entre os socios da biblioteca, e o pasado venres 27 de maio celebrouse unha nova sesión de contacontos enmarcada dentro do programa Tardes de Contos e Lendas. Unha sesión que contou cun novo éxito ao congregar a 71 pequenos e medio cento de adultos.


Varios encontros
Por outra banda, os pasados 27 e 30 de maio visitaron as instalacións da biblioteca 42 escolares de 2º da ESO do IES Maruxa Mallo para celebrar un dos encontros coas asociacións do municipio, neste caso coa asociación Tarandeira, e que serviu para explicar aos alumnos o que fai dita entidade mostrando ademais diapositivas das súas excursións e do roteiro do río Mercurín.

Un encontro que se volveu a repetir onte venres coa mesma asociación e no que participaron outros 21 escolares de 2º da ESO e os seus titores.

*