Actividade da escola de verán do pasado ano 2010. |
Estará organizado en catro quendas qincenais durante os meses de xullo e agosto
Incripcións ata o 24 de xulo no departamento de Educación do Concello de Ordes
Coa chegada do verán, o Concello de Ordes, prepara unha nova edición da súa Escola de Verán. Unha iniciativa que consiste en actividades nas que as familias poderán deixar aos seus nenos e nenas durante as mañás das vacacións escolares. Nestas actividades poderán participar os nenos escolarizados nalgún dos centros educativos do municipio en educación Infantil ou Primaria durante o curso 2010- 2011.
O programa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e está dividido en quendas de 15 días cada unha, podendo inscribirse nunha, en dúas, tres ou nas catro quendas das que se compón o programa.
As prazas son limitadas e a admisión realizarase por orde de inscrición.
Prazo de inscripción
O prazo para inscribirse estará aberto dende hoxe ata o vindeiro 24 de xuño no departamento de Educación, situado na planta baixa da Casa do Concello, lugar onde tamén se poderá recibir máis información en canto ás actividades e os seus prezos. As familias numerosas terán unha bonificación do 50%.
As actividades realizaranse dende as 09:00 ás 14 horas e as quendas establecidas son as seguintes, a primeira do 1 ao 15 de xullo, a segunda do 18 ao 29 de xullo; a terceira do 1 ao 12 de agosto e a cuarta do 17 ao 31 de agosto.
*