martes, 14 de junio de 2011

Un grupo de sete ordenses remata con éxito o programa de creación de empresas da rede Xiana

O curso foi rematado con éxito por doce dos participantes, sete de eles, ordenses.

Trátase dun programa para dinamizar a base económica do medios rural na nosa provincia

O Concello de Oroso, a través das concelleiras de Emprego, Vanessa Reboredo, e Asuntos Sociais, María del Carmen Liste, celebrou onte no centro cultural de Siguëiro o acto de entrega de diplomas dun curso de creación de empresas da Rede Xiana realizado por cinco emprendedores de Oroso e sete de Ordes. 

Ao longo de 50 horas lectivas, presenciais e online, os alumnos coñeceron os pasos precisos para constituír unha empresa e as principais fontes de finanzamento para poñer en marcha calquera iniciativa empresarial. 

O acto estivo presidido polas concelleiras de Oroso Vanesa Reboredo e María del Carme Liste.
Rede Xiana
Ao acto de entrega de diplomas tamén asistiron Sofía Agrafojo Rey, técnico de xestión de proxectos da Rede Xiana; e María Jesús Veiras, axente de Inserción Laboral. A Rede Xiana, acrónimo de Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego, pretende fomentar o emprego nos municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña como un xeito para dinamizar a base económica do medio rural, mellorar o nivel de servizos de proximidade da poboación destes municipios e complementar as accións xa iniciadas por outras Administracións.

*