O museo Xoxardo, que acolle a mostra, está ubicado nos baixos da Alameda de Ordes. |
Mostra un repaso polas vida de dezaoito mestras galegas, pioneiras na incoporación das mulleres ao mercado laboral
O Concello de Ordes acolle dende o día 11 a exposición “Elas ensinan”, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade co fin de impulsar o papel da muller traballadora. A mostra pódese visitar ata o vindeiro 23 de xuño na sala de exposicións do Museo Xoxardo os luns, mércores e venres de 17 a 20 horas.
Esta exposición recolle as historias de vida de dezaoito mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, ás que serviron de modelo profesional e vital, servindo así a mostra de homenaxe a estas mulleres como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral.
*