lunes, 27 de junio de 2011

Aberto todavía o prazo de inscrición nos cursos de vela

As promove a Deputación e que se celebrarán en Ordes o vindeiro mes de xullo

As inscricións deben realizarse no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Ordes ata o 7 de xullo 


Ordes será a sede dun dos cursos da campaña de vela que promove para este verán a Deputación da Coruña. Uns cursos que están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 18 anos, e que contarán con actividades de iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela, iniciación ao coñecemento básico dos nós mariños e a realización de prácticas de navegación a vela.

En Ordes, o escenario elexido para este curso será o embalse de Vilagudín, tendo lugar as clases dende o 11 ao 15 de xullo. O prazo para inscribirse todavía está aberto ata o vindeiro 7 de xullo, debéndose presentar as solicitides no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, de luns a venres de 9 a 14 horas, lugar onde tamén se poderá recibir máis información.

Corenta prazas
A Deputación asignou 40 prazas para este curso, ás que poderán optar rapaces e rapazas dos municipios de toda a comarca de Ordes. Unhas prazas, que en caso de ser insuficientes para o número de inscritos, deberanse asignar a través dun sorteo entre as persoas que presentaron as solicitudes para participar.

*