O Concello de Ordes mantense "a disposición do PP" de cara a aclarar o nauseabundo ataque
O alcalde confirma ao lectores de Ordessiete que "darase cos seus responsables" e pasarán "máis cedo que tarde" a disposición xudicial
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, expresou a este medio o "incondicional apoio" do goberno de Ordes ao Partido Popular local logo do ataque sofrido á súa sede ordense. O alcalde chegou pouco despois das cinco da mañá logo de recibir a chamada dos veciños da zona alarmados pola violencia do ataque. "Dende o Concello de Ordes amosámonos a disposición do PP para todo o que precisen. Ataques coma estes non poden máis que contar con todo o desprezo dos demócratas", asegurou Regos, á vez que confirmou que o ataque está sendo investigado polas forzas e corpos de seguridade do Estado, e que "máis cedo que tarde darase cos seus responsables".
*