Con churrasco e a actuación do dúo Reinamar
Hoxe sábado 4 de xuño, a parroquia ordense de Ardemil acollerá a celebración da I Xuntanza Cabalar que terá lugar en Cabeza de Lobo, na baixa de Ardemil.
Os actos darán comenzo a partir das 09:00 horas e no mediodía celebrarase unha gran churrascada que estará amenizada polo dúo Reinamar. Unha churrascada que será gratuíta para todos aqueles participantes que asistan a cabalo e terá un prezo de 6 euros a ración para o resto. Durante toda a xornada haberá diversas actividades así como sorteos varios.
*