lunes, 13 de junio de 2011

A AC Camiño Real lévamos de troula por Poulo o vindeiro sábado

Será a partires das 20:00 horas con servizo de bar, agasallos e moito moito baile e troula

A Asociación Cultural Camiño Real de Poulo ven de anunciar que o vindeiro sábado 18 de xuño a partires das 20:00 horas, terá lugar na súa parroquia de Poulo a II Ruada Vai de troula. Dende a asociación agradecen a colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Ordes e de todos os grupos de música tradicional e asociacións de Ordes da comarca e de fora dela que estarán facendo festa con todos eles.

Baile e troula toda a noite
A Asociación Cultural Camiño Real convida a todos os lectores de Ordessiete a achegarse o vindeiro sábado ata Poulo para bailar e troulear toda a noite. Contarán con servizo de bar, sorteos e agasallos variados.

*