lunes, 13 de junio de 2011

Os socialistas de Ordes expresan o seu desprezo á violencia contra a sede do PP local

Amosa a súa solidaridade cos populares lembrando que o PSOE tamén é víctima da barbarie da violencia radical

O portavoz socialista no Concello de Ordes, Xesús Pedreira, quixo expresar en nome propio e da Agrupación Socialista de Ordes a súa "enérxica condea" ao atentado contra a sede dos populares en Ordes á vez que darlle traslado a todos os afiliados da solidaridade dos socialistas ordenses.

"No PSdG-PSOE tamén sofrimos ataques violentos coma este, somos coñecedores e sofridores en primeira persoa da barbarie violenta por moitos anos", asegurou Pedreira. Unha violencia que segundo Pedreira, "goza de todo o desprezo da sociedade galega en xeral e dos socialistas en particular".

*