Celebrada a pasada fin de semana, contou cunha churrascada, sorteos e moitos outros entretementos
O pasado sábado a parroquia ordense de Ardemil acolleu a celebración da I Xuntanza Cabalar en Cabeza de Lobo, na baixa de Ardemil. Os actos, que deron comenzo xa pola mañá, incluiron unha gran churrascada que estivo amenizada polo dúo Reinamar, á que acudiron un bo número de persoas entre participantes e visitantes ao evento.
Durante toda a xornada houbo diversas actividades como sorteos varios e demais entretementos para os amantes do mundo cabalar. O alcalde en funcións, Manuel Regos, acudiu a este evento que tivo aos cabalos como protagonistas.
*