Manuel Regos Boquete co bastón de mando, recén instituído como alcalde de Ordes polo periodo 2011-2015. |
O alcalde avanza que serán "catro anos de austeridade" coa creación de emprego como principal obxectivo
Ordes terá un viveiro de empresas dirixido a emprendedores
En tempo récord. Así poderíamos definir o xeito en que Manuel Regos accedeu por un novo periodo de catro anos á alcaldía de Ordes. Cun salón de plenos cheo no que entre o público se atopaban moitos ex concelleiros como Esther Couto, Ramiro Recouso, Manuel Astray, María Xosé Raña e José Luis Díaz Hermida, deu comezo a solemne sesión de constitución da corporación municipal do Concello de Ordes pola lexislatura 2011-2015.
O acto iniciouse coa formación da chamada mesa de idade que estivo constituida por Roberto González (UxO), como edil electo de maior idade, e Lucía Iglesias (UxO), como a máis nova. Seguindo o procedimento dictado en todo momento polo secretario do Concello, procedeuse á xura ou promesa do cargo de concelleiro polos dezasete membros da nova corporación. Entre xuras e promesas, entre as que houbo máis da primeira, procedeuse á votación do novo alcalde de Ordes.
Ana María Álvarez (CideGa) votouse a si mesma, ao igual que Xesús Pedreira (PSOE). Os dous concelleiros electos do BNG votaron por Gonzalo Castro como novo alcalde de Ordes, facendo o propio en favor de José Luis Martínez Sanjurjo os seis do Partido Popular. Tampouco os sete de Unión por Ordes (UxO) serían suficientes para nomear ao seu cabeza de lista, Manuel Regos Boquete, como novo alcalde de Ordes, xa que a maioría absoluta en Ordes esixe un mínimo de nove concelleiros.
Os dezasete membros da nova corporación municipal tomaron posesión da súa acta de concelleiro. |
Roberto González, como edil de maior idade, entrega a Regos a vara de mando, símbolo do poder do goberno municipal. |
Podes ver o vídeo de constitución do pleno facendo clic baixo estas liñas:
Un traballo para cada ordense
Logo de proceder ao protocolario acto de entrega de bastón de mando -símbolo do poder dos alcaldes nos seu territorio-, González abandoaba o sillón da presidencia en favor de Regos Boquete, quen ofreceu un discurso de investidura no que avanzou unha política de goberno baseada na austeridade co obxectivo de sacar a Ordes do "bache" que supón a crise económica xeneralizada. Así, segundo as súas palabras, porase en marcha o Plan Xeral de Ordenación Municipal e o novo polígono industrial coa intención de dotar de solo industrial ás empresas que queiran establecerse no noso municipio.
O salón de plenos estivo ateigado de xente entre os que se encontraban moitos ex edís do Concello de Ores. |
*