Poderán optar a ditas vivendas quenes estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes antes do 8 de novembro de 2010
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de 247 vivendas protexidas de promoción privada construídas nos concellos da Coruña, Fene, Mugardos, Ames, Noia, Ordes e Oroso, segundo o establecido na normativa do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.
Poden optar á adxudicación de ditas vivendas os solicitantes que estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes na data do oito de novembro en que o Xefe Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ditou as resolucións de inicio do procedemento de adxudicación das devanditas vivendas. Os solicitantes deberán estar inscritos no réxime, modalidade e localidade da promoción á que se opte.
No concello de Ordes adxudicaranse 17 vivendas de réxime xeral situadas na rúa Francisco Asorey, con remate de obras previsto para decembro de 2012. O promotor da obra foi Promociones J. Cao, S.L.
As solicitudes deberán presentarse ata o día tres de decembro en calquera rexistro público ou portelo único, dirixidas á xefatura provincial do IGVS na Coruña, empregando o modelo de solicitude que se pode atopar na web do IGVS a través deste enlace.
*