miércoles, 24 de noviembre de 2010

Ordes, contra a violencia de xénero


Se conmemora o Día contra a Violencia de Xénero baixo o lema “Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo”

O Concello de Ordes súmase un ano máis á conmemoración do Día contra a violencia de xénero mañá 25 de novembro. Nesta ocasión o lema escollido foi “Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo”.

O Consistorio ordense segue a traballar firmemente na loita contra este tipo de violencia e a última das súas iniciativas consistiu na elaboración dunha serie de dípticos, dirixidos especialmente a mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero. Uns dípticos que se editaron en varios idiomas, castelán, inglés, francés e árabe, e nos que se recollen diferentes cuestións como o que é a violencia de xénero, tipos de maltrato, a onde se pode acudir no caso de ser unha vítima, dereitos e axudas das que se dispón como vítima e outras cuestións de especial interese para estas mulleres.

Protocolo para atención ás vítimas
Estes dípticos, tal e como informaron dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ordes, repartiranse entre a poboación en xeral e tamén se distribuirán a través dos corpos e forzas de seguridade, xulgados, centro de saúde, servizos sociais, o CIM de Ordes e a Subdelegación do Goberno, institucións implicadas no “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 en Ordes.

*