martes, 16 de noviembre de 2010

Voluntarios de Protección Civil da provincia participarán nun curso sobre accidentes organizado polos de Ordes

Terá lugar os días 18, 20, 21, 27 e 28 deste mes nas instalacións do Campo de Fútbol de Vista Alegre

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ordes organiza un curso sobre Accidentes na Estrada, dirixido a voluntarios de toda a provincia. O curso dará comenzo o próximo xoves día 18 de novembro, tendo continuidade tamén os días 20, 21, 27 e 28 deste mes, coincidindo coas fins de semana.

O obxectivo destas xornadas, tal e como explicaron dende a Agrupación, é dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia da formación necesaria para o exercicio da súa función, proporcionándolles unha especialización na prevención e na intervención nos accidentes de circulación.

As clases serán impartidas por profesionais do sector dependendo da temática a tratar en cada unha das sesións. Así o día 18 serán membros da Garda Civil de Tráfico os que impartan as clases que versarán sobre os conceptos básicos relativos a accidentes de tráfico.

As sesións dos días 20 e 21, que tratarán o tema dos primeiros auxilios, serán impartidas por persoal sanitario do 112, e as clases dos días 27 e 28 terán como mestres a membros do parque Comarcal de Bombeiros de Ordes que tratarán o tema das excarceracións. As clases contarán con partes teóricas e prácticas.

O curso terá lugar nas instalacións do Campo de Fútbol de Vista Alegre.

TEMARIO DO CURSO:
PARTE TEÓRICA

INTRODUCIÓN E CONCEPTOS XERAIS (4 horas teóricas, 3 horas prácticas)
TEMA I: O accidente de tráfico. Concepto. Definicións. O accidente ocasionado por forza maior. O caso fortuíto. Evolución do accidente.
TEMA II: Elementos do accidente. Causas e clases de accidentes de tráfico: definición, causas mediatas e inmediatas, algúns tipos de accidentes por erro humano, clases de accidentes de tráfico.
TEMA III: Actuación nun accidente de tráfico: formas e maneiras de sinalizar, de regulación do tráfico en función da situación do accidente. Retirada dos automóbiles implicados no accidente. Responsabilidade civil.
TEMA IV: Valoración de riscos. Demanda de auxilio. Toma de datos sobre a calzada. TEMA V: Normas de conducción de vehículos prioritarios.

PRIMEIROS AUXILIOS (5 horas teóricas, 7 horas prácticas)
TEMA VI: Soporte vital básico
TEMA VII: Soporte vital pediátrico
TEMA VIII: Traumatismos.
TEMA IX: Catástrofes: Control do escenario. O mando. Atención sanitaria. “Triage”.

EXCARCERACIÓN E TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS (6 horas teóricas, 9 horas prácticas)
TEMA X: Excarceración de accidentados; medidas de precaución. Equipos de excarceración: tipos e manexo
TEMA XI: Riscos ambientais nos accidentes de tráfico. Transporte de mercadorías perigosas, clasificación. Identificación: etiquetas, paneis.
TEMA XIII: Actuacións nun accidente dun vehículo que transporta mercadorías perigosas.

PARTE PRÁCTICA:
ACCIDENTES DE TRÁFICO
Análise e discusión de accidentes reais.
Simulacro dun accidente de tráfico.
Lectura de etiquetas e paneis de mercadorías perigosas.
Técnica do manexo dos equipos de excarceración.
Triaxe de accidentados.
Técnicas de reanimación de accidentados.
Transporte de feridos.
Prácticas en camión.

PRIMEIROS AUXILIOS
Repaso de avaliación básica das victimas: vía aérea, respiración, circulación.
Repaso de RCP básica: control da vía aérea, soporte respiratorio (boca a boca, etc), soporte circulatorio (masaxe cardíaco externo, etc.).
Inmobilización con utilización de equipos específicos.
Rescate e mobilización de victimas en incendios.

MATERIAL DE PRÁCTICAS


ACCIDENTES DE TRÁFICO
Vehículos desguace
Equipos de excarceración.
Conos de sinalización.
Vehículo autobomba forestal.

PRIMEIROS AUXILIOS
Manequíns para RCP básica.
Resucitador manual.
Colariños cervicais.
Férulas extremidades.
Padiola de pas.
Colchón de baleiro.
Vendas, mantas térmicas, etc.

*