viernes, 26 de noviembre de 2010

Regos recibiu esta mañá no Concello a escolares do Campomaior

Coñeceron todos os departamentos da Casa Consistorial

O alcalde de Ordes, Manuel Regos Boquete, recibiu hoxe na Casa do Concello a un grupo de escolares do CEIP Campomaior. En total realizaron a súa visita ao Consistorio 32 nenos e nenas de 5 anos deste centro escolar ordense, acompañados polas súas profesoras. O obxectivo desta visita foi que os rapaces coñeceran de primeira man o funcionamento do Concello.



A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, foi a encargada de levar aos pequenos por cada un dos departamentos polos que está composto o Concello, explicándolles o traballo que se realiza en cada un deles e presentándolles a cada un dos concelleiros. Dende Cultura, a Educación, Servizos Sociais, Urbanismo, administración, tesourería, intervención e mesmo a Policía Local os pequenos interesáronse polo traballo de cada un dos departamentos.


Trala visita polas instalacións, o alcalde recibiunos no salón do plenos onde lles explicou as súas funcións como alcalde, así como atendeu ás preguntas dos rapaces.

Mañá venres outro grupo de escolares do mesmo centro volverán a visitar o Concello.

*