Terán lugar durante este mes de novembro e o de decembro
O Concello de Ordes, a través do programa de Voluntariado Verde, levará ós diferentes centros educativos da vila obradoiros sobre reciclaxe, que levan por título Reciclaxe Divertida, programa co que se pretende que os máis xoves aprendan a separar os elementos do lixo e coñecer e empregar de forma axeitada os contenedores de reciclaxe dun xeito moi didáctico e divertido.
Os obradoiros terán lugar durante este mes de novembro e decembro nas instalacións dos centros de ensino participantes. En total, máis de 400 nenos e nenas das escolas unitarias e dos CEIP Castelao e Mesón do Vento participarán nesta iniciativa coa que o departamento de medio ambiente do concello confía en que os rapaces cheguen a comprender as consecuencias de non separar ou separar incorrectamente, e a poder decidir o que se pode reciclar dende os seus fogares.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con este novo ciclo de actividades que promovemos dentro do programa de Voluntariado Verde pretendemos facer reflexionar sobre o dano que facemos ao noso medio ambiente, especialmente ós nosos sitios naturais, coa incorrecta xestión do lixo"
*