miércoles, 17 de noviembre de 2010
Xa somos 13.000!
O veciño número 13.000 inscribíase esta mañá no Padrón municipal
Segundo os datos do INE, dende 2007, Ordes creceu en case 700 novos veciños
Ordes chegou esta mañá aos 13.000 habitantes. O alcalde Manuel Regos, mostrou a súa satisfacción por ter alcanzado esta cifra que asegurou, “é mostra do crecemento do noso municipio e que cada vez son máis as persoas que queren vivir en Ordes e gozar dos servizos que ofrece o Concello”.
Tal e como explicou o primeiro edil, este era un dos seus retos á hora de chegar á alcaldía, facendo así do municipio un lugar idóneo para a vida tanto de nenos como de maiores e de familias en xeral.
Esta mañá a Oficina do Padrón de Habitantes, acollía o empadronamento do seu habitante número 13.000, a quen acompañou tamén o primeiro edil.
Importante crecemento do padrón municipal nos últimos anos
Dende 2007, o padrón de habitantes experimentou un importante incremento. Así, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística, o número de habitantes de Ordes en 2007 era de 12.359, en 2008 de 12.534 habitantes e en 2009, 12.757 habitantes, chegando hoxe aos 13.000.
Regos insistiu en que o crecemento do municipio é unha clara mostra de que Ordes está a ser un dos destinos elexidos por moitas familias para establecer a súa residencia, evidenciando así as boas condicións que ofrece, e que se trata dun concello en pleno desenvolvemento.
*
Protagonistas:
Manuel Regos