viernes, 19 de noviembre de 2010

En marcha o Circuíto Deportivo e Cultural para este trimestre


Estanse a desenvolver cursos de informática, obradoiros de pandeireta, pilates e tiro con arco

O Concello de Ordes,a través da concellería de Cultura e Deporte que dirixe o edil José Ramón Vázquez Raña, puxo en marcha un ano máis, o Circuito Depotivo e Cultural para este trimestre.

Un circuito que inclúe diferentes actividades como pandeireta, diferentes cursos de iniciación e perfeccionamento á informática, tiro con arco e pilates, cunha gran acollida entre a veciñanza e nas que participan preto dun cento de ordenses.

Concretamente e no relativo aos cursos de informática, moi demandados polos veciños e veciñas, estanse a desenvolver neste momento dous cursos de iniciación a Windows XP, de 20 horas de duración cada un, un en horario de mañá e outro de tarde. Ademais tamén se está celebrando un curso de perfeccionamento de Windows XP os martes e xoves de 20 a 22 horas na Casa da Cultura.

Cursos de informática: Windows XP e Excel
Estes cursos de informática veranse completados o próximo mes de xaneiro coa celebración dun novo curso de iniciación a Windows XP, outro de perfeccionamento, e un terceiro de perfeccionamento de Excel. Para poder participar nestes tres cursos todavía está aberto o prazo de inscrición no departamento de Cultura e Deporte, onde recibirán máis información.

Pero a oferta cultural e deportiva do Concello de Ordes non se queda aí, e a este circuito de actividades trimestrais, hai que sumar tamén a posta en marcha dos obradoiros culturais e deportivos que teñen carácter anual, e que un ano máis, programou o departamento de Cultura e Deporte para o disfrute dos veciños. Trátase dun amplo abano de actividades que contan con preto de 300 participantes, e nas que se imparten obradoiros de debuxo, bailes de salón, ioga, ximnasia de mantemento, aeróbic e patinaxe.

*