lunes, 29 de noviembre de 2010

Abertas as portas da Biblioteca Municipal nos baixos da Alameda


O seu horario será é de luns a venres de 08:30 a 14:30 h. e de 15:30 h. a 20:00 h., e sábados de 10:00 h. a 14:00 h.

Proximanente os baixos da Alameda tamén albergarán o museo Xosé Xoxardo, unha sala de conferencias e un local de ensaio

Hoxe luns se abriron ao público as novas instalacións da Biblioteca Municipal que están ubicadas nos baixos da Alameda. Unhas instalacións que duplican a capacidade das anteriores e que contan con mobiliario novo e aspecto renovado.

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes conta agora cunhas instalacións pensadas para todos os públicos, diferenciando os espazos para os adultos e para os máis pequenos. Así, conta cunha zona de xogos e audiovisuais para os máis pequenos da casa, outra zona de lectura tamén para os nenos e nenas ordenses, e por último a zona de biblioteca propiamente dita para adultos, que conta ademais con diferentes postos de ordenador para os usuarios.


Dende hoxe mesmo todos os socios e veciños e veciñas do municipio poden utilizar estas novas instalacións. O horario de apertura da Biblioteca Municipal de Ordes é de luns a venres de 08:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas; e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.


A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Os ordenses poden disfrutar xa dunha biblioteca renovada, pensada para todas as idades e que está ubicada nos baixos da Alameda. Uns baixos que, próximamente, albergarán o Museo Xosé Xoxardo, unha sala de conferencias, locais de ensaio para os grupos do municipio e demais oficinas, converténdose así nun referente en canto a instalacións culturais en pleno centro do municipio”.

*