Pedreira: "O Goberno de Madrid acordase ben de Ordes, mentres que os proxectos da Xunta de Galicia connosco non contan con partida orzamentaria algunha"
As maiores cantidades virán das mans do Ministerio de Fomento de Xosé Blanco
A Agrupación Socialista de Ordes destacou hoxe en nota de prensa que o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero vai investir en 2011 máis de 370.000 euros en Ordes. Así o vén de confirmar o secretario xeral do PsdeG ordense, Xesús Pedreira, quen destaca “o compromiso do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero con Ordes, polo que agardamos que a Xunta tome nota para que as partidas que destine a Ordes sexan proporcionais e acepte as enmendas que imos propoñer”.
A maior partida orzamentaria para Ordes procederá do Ministerio de Fomento, dirixido polo galego Xosé Blanco. Xesús Pedreira confirma sendos investimentos na N-550 de 134.000 euros (nun tramo de 6,4 quilómetros da variante de Ordes) e de 166.000 euros (para conexión Ordes-Sigüeiro Sur). Así mesmo, o Ministerio de Cultura compromete un investimento de 70.000 euros en mobiliario e equipamento para o Museo do Traxe “Juanjo Liñares”.
O ministro Xosé Blanco en Ordes con Xesús Pedreira a súa dereita (arq.). |
“O Goberno do Estado acordouse ben de Ordes nos seus orzamentos, mentres que os proxectos de auga, alcantarillado e do Museo do Traxe que tiña que acometer a Xunta de Galicia non contan con partida algunha”
"Espero que dende o Goberno galego estean á altura do feito polo Goberno de Rodríguez Zapatero, atendan as nosas enmendas e acometan esas obras tan necesarias en Ordes que non só estaban comprometidas, senón que mesmo tiñan o proxecto feito pero que agora quedaron en nada”
*