sábado, 27 de noviembre de 2010
Os centros de ensino ordenses xa poden pedir os contedores de reciclaxe de móbiles
O Concello busca concienciar aos escolares sobre a importancia da recollida de residuos de telefonía, cedes e deuvedés
O Concello de Ordes informou esta semana aos diferentes centro do municipio da apertura do prazo de solicitude de contedores de recollida de resíduos de telefonía móbil, cedés e deuvedés.
Por medio deste programa Tragamobil, recolleranse aparatos de telefonía móbil tales como terminais, cargadores e baterías que serán enviados dende os puntos de recollida ás plantas de tratamento. Ali se separarán as partes contaminantes das reciclables, contribuíndo así a un aforro dos recursos naturais.
Como no resto das iniciativas dentro do programa da concellería de Medio Ambiente de Ordes, Ordes Recicla, esta campaña é gratuíta para todos aqueles centros que desexen participar nela, ainda que será necesario contactar previamente co departamento de Medio Ambiente de Ordes no segundo andar da Casa do Concello.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"A política ambiental levada a cabo por esta concellería dende o seu programa Ordes Recicla insiste unha vez máis na necesidade de concienciar aos máis xoves da importancia da reciclaxe destes residuos. A práctica de depositar os nosos resíduos nos contedores de reciclaxe aporta numerosos beneficios ambientais como é o aforro de recursos naturais"
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira