jueves, 18 de noviembre de 2010
Xesús Pedreira clausura o curso sobre mobilización de pacientes dirixido aos coidadores
Participaron unha vintena de ordenses que quedaron moi satisfeitos cos novos coñecementos adquiridos
A concellería de Sanidade do Concello de Ordes deu onte por finalizado un curso que levou por título Mobilización de Pacientes e Prevención de Lesións. Tratouse dun curso no que se prestou especial atención aos principais riscos posturais e ergonómicos aos que están expostos os coidadores que se encargan da mobilización de enfermos ou persoas con dificultades motoras, así como nos consellos preventivos que axudan a evitar os trastornos músculo-esqueléticos ligados á mesma.
Nas clases participaron unha vintena de ordenses que mostaron a súa satisfacción polo resultado das mesmas.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Este curso tivo como finalidade que os participantes chegaran a adquirir unha serie de coñecementos necesarios para a correcta intervención ante pacientes que requiren coidados específicos para unha patoloxía determinada, tendo en conta as súas limitacións e atencións especiais por parte das persoas encargadas da súa atención, e a prevención de lesións tanto no afectado, como no responsable do seu coidado”
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira