Preto de 500 persoas encheron o salón do restaurante El Túnel para coñecer o discurso do xa candidato popular á alcaldía
Negreira: "Temos o mellor candidato que o PP poidera desexar para Ordes"
Martínez Sanjurjo: "Crearemos, coa axuda de todos, un Plan Estratéxico Ordes 2011-2019 que executaremos coma se dun contrato se tratara"
O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo presentou esta noite as súas credenciais para loitar pola alcaldía de Ordes ante un abarrotado salón comedor do céntrico restaurante El Túnel. Ante preto de 500 persoas, moitas delas quedaron sen poder entrar, o enxeñeiro estivo acompañado por algún dos membros máis destacados do actual PPdG coma o presidente provincial de A Coruña, Carlos Negreira; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o secretario de Organización do PPdG, Manuel Álvarez Campana; as deputadas nacionais Belén Do Campo e Ánxeles Vázquez Mejuto, e a deputada autonómica María Seoane, entre outros. Por parte dos populares ordenses, a presidenta da xestora do PP de Ordes, Estrella Vázquez foi quen de abrir as intervencións facendo unha laudatio do candidato, a quen definiu coma unha persoa “de fortes valores humanos” e “traballadora”, sendo “seria e accesible á vez”.
Vázquez considerou que Martínez Sanjurjo reflecta os valores dunha “alternativa de experiencia e madurez”, e que será o próximo alcalde de Ordes “que trate a todos por igual”, onde “todo sexa para todos os ordenses”. A presidenta da xestora avalou a candidatura de José Luis Martínez Sanjurjo por ser esta unha persoa “disciplinada” e “traballadora”, cunha disposición á cidadanía de “24 horas ao día”.
Preto de 500 persoas abarrotaban o salón comedor de El Túnel. |
Pola súa banda, o presidente provincial, Carlos Negreira felicitouse de ter fronte a el “ao mellor candidato” que os populares poideran desexar para gobernar Ordes. “Temos un candidato de verdade”, aseguraba Negreira. “José Luis xenera confianza non só no Partido Popular de Ordes, senón tamén entre o resto de compañeiros na provincia, e tamén no noso presidente Alberto Núñez Feijóo”, confirmaba o coruñés ante os aplausos dos alí presentes. Negreira remataba a súa intervención para dar paso ao candidato cunha reveladora declaración: “Nos va a ir a todos mellor con José Luis e o Partido Popular”.
Chegaba o momento máis agardado da noite ao escoitar por vez primeira a José Luis Martínez Sanjurjo como candidato oficial do Partido Popular á alcaldía de Ordes. Comezou nervioso, falando rápido, pero así como foi capaz de comprender a importancia da súa primeira mensaxe ante a cidadanía, soubo reaccionar e articular un discurso pausado e interrompido até en oito ocasións polos aplausos. Comezou saudando a todos os presentes e disculpándose por non poder ofrecer espazo suficiente para as cerca de cincuenta persoas que se quedaron ás portas do salón comedor por falta de espazo no interior.
Martínez Sanjurjo deu a entender que non está en política para ir por libre. Pediu a “colaboración” e a “intervención de todos” na política municipal. “Comprométome a non fallarvos”, aseguraba. “Necesítovos para co respaldo da maioría liderar un cambio de rumbo que faga de Ordes o que sempre foi e non o é agora, un concello punteiro na provincia de A Coruña”.
"Comprométome a que goberne a lista máis votada"
Un dos momentos máis intensos da presentación tivo lugar cando Sanjurjo ofreceu un desafío aos demais candidatos á alcaldía de Ordes. “Reto aos demais aspirantes”, dicía, “a que asuman o compromiso de que Ordes sexa gobernado por quenes os ordenses decidan, e dicir, que se comprometan a recoñecer que aquela lista máis votada sexa quen goberne”.
Martínez Sanjurjo definiu á política do actual goberno municipal como de "despilfarro e ostentación”, criticando as “reviravoltas ideolóxicas” de Manuel Regos, os incumprimentos de pago a proveedores do Concello e a recenté subida de impostos municipais. “Os ordenses temos futuro”, recoñecía. “Pero ninguén vai vir para arranxar os nosos problemas. Somos nós quenes debemos traballar por nós mesmos. Traballar, traballar e traballar. Pagar as débedas, apretarse o cinto e inspirar confianza”, recoñecía entre os aplausos o xa candidato popular.
José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PPdG á alcaldía de Ordes. |
Xa por último e cun auditorio entregado, José Luis Martínez Sanjurjo fixo a súa oferta de goberno á cidadanía ordense. O Partido Popular de Ordes, dixo, “creará, coa aportación e a axuda de todos, o Plan Estratéxico Ordes 2011-2019” tal e como fixera en 2009 o por aquel entonces candidato popular Alberto Núñez Feijóo co Plan Galicia. E como tamén fixera este, “asinaremos un contrato con Ordes que nos obrigará a executar todos e cada un dos compromisos adoitados en periodo eleitoral".
“Traballo, traballo e traballo”, foi o consello que Manuel Fraga lle deu recentemente ao candidato ordense. Martínez Sanjurjo tivo claro que por ahí pasa a clave do éxito dos ordenses, e asumiu que unha vez sexa nomeado alcalde, será o primeiro en “traballar arreo” por todos nós.
A presentación rematou dando paso a unha sesión fotográfica da familia popular ordense para a continuación tomar un aperitivo con todos os veciños e visitantes que non quixeron perderse a presentación de José Luis Martínez Sanjurjo como candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes.
*