miércoles, 17 de noviembre de 2010

O BNG pide o apoio do Concello na manifestación contra a privatización da Sanidade

Castro lembra que o Pleno apoiou unha mociòn do BNG en defensa da sanidade pública e pide un "apoio expreso" do Concello á manifestación do próximo domingo
Os nacionalistas queren que o Concello poña autobuses para desprazar a veciños ata Santiago
Gonzalo Castro instou onte ao goberno municipal de Ordes a apoiar a manifestación contra a privatización da sanidade pública, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para o vindeiro domingo, 21 de novembro, en Santiago de Compostela.

O portavoz nacionalista manifestou que “o empeoramento da sanidade pública desde a chegada do PP ao Goberno Galego é evidente, como o demostra o incremento das listas de espera, tamén en Atención Primaria, o aumento do número de intervencións e probas diagnósticas derivadas aos centros privados concertados, a supresión da actividade de tarde nos hospitais do Sergas ou a ameaza de privatización e financiamento público-privada das novas infraestruturas sanitarias".

Castro salientou que “o goberno de Ordes non pode cruzarse de brazos e debe apoiar a mobilización do domingo, porque a defensa dunha sanidade pública de calidade é unha cuestión que afecta directamente ao benestar dos veciños e veciñas do noso concello”.

Finalmente, o portavoz nacionalista emplazou ao alcalde Manuel Regos a “facer un esforzo por facilitar a asistencia dos veciños e veciñas de Ordes a esta manifestación en defensa da sanidade pública, poñendo á súa disposición medios de transporte colectivo”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O pleno da corporación municipal de Ordes apoiou por unanimidade unha moción do BNG en defensa da sanidade pública e en contra do deterioro e a privatización da mesma que pretende o goberno do PP na Xunta”
*