José Luis Martínez Sanjurjo, onte durante a súa presentación oficial. |
Estas son as preguntas dos lectores e as respostas de José Luis Martínez Sanjurjo:
01. ISABEL pregunta… Está a favor ou en contra da movida no Campo da Feira?
Estou a favor de "unha movida" de calidade.
02. EDU pregunta… Se chegara a gobernar, encargaría unha auditoría sobre as contas do Concello?
Rotundamente, si.
03. ANÓNIMO 1 pregunta...Nas parroquias rurais de Ordes estase a levar a cabo unha campaña contra o canon da lei de augas que aprobou o goberno do PP na Xunta, polo que se cobrará o consumo de auga aos propietarios de pozos particulares e de traidas veciñais. Que opinión ten deste asunto?
O BNG está a confundir os veciños. Primeiro, que non se trata dun novo canon, sustitúe ao de saneamento, e implicará unha mellora na xestión dos recursos hídricos de Galicia. Segundo, que a lei contempla que a dedución do 90% da cota do canon se aplicará a todolos usuarios domésticos de fontes propias e traídas veciñais, de xeito que esa cota super-reducida posibilitará que na practica, estes usuarios queden exentos do canon. E terceiro, non é obrigatoria a instalación de contadores- Tal e como se recolle na lei, os usuarios terán opción de acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva. A falta de contador non implicará sancións.
Vertedoiro da Areosa
04. ANÓNIMO 2 pregunta... En Ordes está a desenvolverse unha campaña con recollida de sinaturas contra a a ampliación do vertedoiro de Sogama, que vai supoñer a acumulación dun millón de toneladas de lixo perto de Ordes, que opinión ten deste asunto o candidato do PP?
Ainda que non estivese de acordo, a ampliación do vertedoiro de Areosa xa é unha realidade. O que se deberá garantir é un control medioambiental adecuado. No futuro haberá que intentar ampliar a pranta de tratamento de resíduos de Sogama, e evitar tanto volume de soterramentos.
05. ANÓNIMO 3. Parará as obras de ampliación da Casa do Concello se gaña a alcaldía?
Desta obra non entendo a sua necesidade, menos ainda en tempos de crise. Pero, visto o ritmo ó que van as obras, coido que se o PP acada a alcaldía e o goberno, o unico que tocará será pagala.
06. JUAN pregunta...Que é o peor que fixo Manuel Regos como alcalde? E o mellor?
O peor, a mala xestion dos recursos publicos. O mellor...deixame que pense... o paseo do río Mercurín.
Investimentos 2011
07. ANÓNIMO 4. Que lle parece que a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, non vaia investir nin un só euro en Ordes en todo 2011?
Polo de agora estamos no ano 2010. No ano 2011 a Xunta de Galicia xa ten previsto e comprometidos, entre outros a execución dos plans de cooperación, recentemente asinada co conselleiro de Medio Rural; e a contratación de diversas partidas para a continuación e remate das concentracións parcelarias abertas no noso concello. Tamén a Xunta de Galicia pagará a segunda fase da rolda leste. De todos xeitos, de cara á segunda metade do ano 2011, se o PP goberna Ordes, terá un interlocutor válido para incrementar as achegas autonómicas.
*