lunes, 2 de noviembre de 2009

Nova xornada informativo do 'Ordes SOStible'

.
Xesús Pedreira: "Servirá para que os ordenses aprendan a coñecer canto lles custa ter os aparatos eléctricos encendidos e sen utilizar”

Será na Casa da Cultura este mércores ás 18 horas


O Concello de Ordes convoca ás asociacións do municipio, así como aos veciños e veciñas que o desexen, a participar nunha xornada informativa do programa 'Ordes SOStible', que terá lugar este mércores 4 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura.

Se a primeira xornada de “Ordes SOStible” versou sobre o urbanismo sustentable, na sesión do mércores o programa enfocará directamente a situación de Ordes, analizando as necesidades dos veciños e as distintas iniciativas postas en marcha pola concellería de Medio Ambiente a través do programa 'Ordes Recicla' como campañas informativas, programa de compostaxe doméstica, recollida e reciclaxe de móbiles e CD´s, recollida de plásticos agrícolas, etc.

O programa 'Ordes SOStible' está organizado polo Concello de Ordes en colaboración coa empresa Ciencia Divertida-OBZ Consulting.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente
"Será unha xornada que servirá para que os ordenses aprendan a importancia de aforrar recursos, a reducir gastos innecesarios, a coñecer canto lles custa ter os aparatos eléctricos encendidos e sen utilizar”

“É importante que os veciños coñezan os recursos que poñemos á súa disposición e desterren falsos mitos como o de que non ten sentido separar o plástico porque se recollen nun mesmo camión. Iso é absolutamente falso”

"En Ordes hai un camión específico para a recollida dos plásticos do contedor amarelo e, se un se fixa ben, verá que é un pouco máis baixo que os outros camións. Ademais, no caso de que houbese un caso semellante a empresa enfrontaríase a unha forte sanción


*