Contará con dúas novas salas de velorio, zona de cafetería, aseos para discapacitados, unha nova cúpula e unha nova capela
As obras de ampliación e mellora do tanatorio de O Balado estarán rematadas o vindeiro mes de decembro. Así o confirma o concelleiro de Urbanismo e Obras, Roberto González, que adianta que “aínda que as obras na nova capela non están aínda rematadas, o domingo 1 de novembro xa se poderá celebrar a tradicional misa no tanatorio”.
A reforma do tanatorio municipal de O Balado está a supoñer un investimento de 835.000 euros, que está a acometer o Concello de Ordes ao abeiro do Fondo Estatal de Investimento Local. Un proxecto que inclúe duplicar as instalacións actuais, cunha superficie útil de 656 metros cadrados, de xeito que pasará a ter catro salas de velorio, que estarán situadas nos catro extremos do inmoble e con pequenas entradas privadas para os cadaleitos. Cada sala de velorio terá unha extensión de 36 metros cadrados, con túmulo (de 12 m2), aseos (2,3 m2) e sala privada de 7 metros cadrados. Unhas salas que disporán de novo mobiliario e aire acondicionado.
Profunda reorganización interna
As obras están a supoñer unha profunda reorganización interna do tanatorio de O Balado, que afecta principalmente ás entradas da instalación e á zona da capela. Así, o tanatorio quedará cunha única entrada principal aberta ao público, pois na outra entrada que había pegada ao camposanto é onde está situada unha capela de 30 metros cadrados e con acceso a un salón de oficios de 177 m2.
Ademais, o Concello de Ordes xa cambiou a zona da cúpula central, mellorando así a iluminación da instalación, que contará con luz natural durante o día e cunha luz artificial pola noita que simula a do día. Así mesmo, dotouse á instalación dun baño adaptado para discapacitados do que carecía, de xeito que o tanatorio de O Balado queda totalmente libre de barreiras arquitectónicas. Canda estas grandes melloras tamén se vai instalar un novo sistema de megafonía e habilitarase un área para cafetería, onde haberá máquinas de comida e bebida.
Con estas obras, o Concello de Ordes pretende consolidar os traballos realizados no último trimestre de 2008, e que incluiron a instalación dun sistema de calefacción nas salas, que se dotaron tamén de novo mobiliario e dun novo chan de tarima flotante.
A principios deste mes de outubro, o Concello de Ordes entregou 150 títulos de propiedade de nichos ubicados no camposanto de O Balado, poñendo fin a unha longa espera por parte dos novos propietarios. Un acto no que Roberto González anunciou que o camposanto de O Balado contará próximamente cunha nova mazán de nichos, que “disporá dunha cheminea para a eliminación de gases e con canles para recoller os lixiviados que se xeren”. Uns novos nichos que estarán perfectamente adaptados ás novas esixencias do Regulamento da Policía Mortuoria e que mesmo disporán de porches con iluminación.
Recuperación da xestión do camposanto
González sinala que o Concello de Ordes fixo unha gran aposta por mellorar o estado do camposanto de O Balado, comezando pola recuperación da xestión do camposanto municipal despois de que o pasado 29 de xullo de 2008 o pleno municipal aprobara o deshaucio por vía administrativa da empresa que tiña a concesión da instalación e que non ofrecía un servizo de calidade aos usuarios. O concelleiro de Obras e Urbanismo lembra que, dende que o Concello de Ordes tomou as rendas do camposanto, realizáronse diversas obras de mellora nestas instalacións.
Así mesmo, o Concello de Ordes tamén realizou obras de mellora no camposanto de O Piñeiro, onde se está traballando actualmente na colocación dun novo tellado na capela.
A frase de Roberto González, concelleiro de Obras
“A nosa idea é que se alguén quere ir rezar á capela, poda facelo con total privacidade pero, grazas a unha porta corredera, poderemos tamén abrila ao gran salón de oficios, de xeito que quedará na capela un lugar reservado para o cadaleito e para os máis achegados ao defunto e logo unha ampla zona para o resto dos asistentes”
*