A responsable territorial de Educación da Coruña comprometeu a instalación dun ascensor no CEIP Castelao
Os populares ordenses foron quenes de xestionar este trámite "ante a pasividade do Concello"
O Partido Popular de Ordes, informa hoxe en nota de prensa, ven de pechar coa responsable territorial de Educación da Coruña, a instalación dun aparato elevador no CEIP Castelao, atendendo así as demandas do centro e da ANPA.
Segundo os populares, "as xestións efectuadas polo PP ordense co ánimo de mellorar os equipamentos e a atención que reciben os alumnos escolarizados no centro contrasta coa actitude amosada polo Concello de Ordes, que leva varias semanas tratanto de manipular aos pais e a toda a Comunidade Educativa para enfrontalos coa Xunta".
Este equipamento, aseguran, "xa estaba aprobado, pero no seu momento o anterior director do centro educativo cambiou o investimento por outra obra no citado CEIP".
Foi confirmado á concelleira popular Estrella Vázquez
Logo das reiteradas xestións efectuadas desde o PP local coa responsable territorial da Consellería de Educación, esta confirmou hoxe á concelleira popular Estrella Vázquez, a decisión de instalar un elevador- opción elixida pola dirección do centro- no CEIP Castelao. Os traballos iniciaranse, aseguránronlle á dirección do CEIP e ao presidente da ANPA, a principios do 2010.
Ademáis, o PP de Ordes atribúe a un "ataque de celos no seo do equipo de Goberno", as críticas vertidas polo PSOE local logo de que, "supostamente, non foran convidados á visita efectuada onte polo conselleiro de Educación á escola de Parada".
Segundo o PP, debe ser o PSOE "quen debe pedir explicacións ao alcalde que, na súa condición de anfitrión, é quen decide cales concelleiros do equipo de goberno o acompañan a cada acto".
Para o PP, "semella que o Concello prefire manter as carencias dos colexios da vila para xogar ao vitimismo limitándose a facer ruido nos medios de comunicación e a tratar de enfrontar aos pais coa Xunta nun burdo intento de obter réditos políticos"
Foto: Grupo municipal popular de Ordes. Estrella Vázquez é a segunda pola dereita.
*