viernes, 6 de noviembre de 2009

O BNG reuniuse cos veciños de Vilamaior co gallo da execución da concentración parcelaria

.
Castro: "Comprométome a esixir ao goberno de Feijoó que remate a concentración parcelaria de Barbeiros-Vilamaior, executando a totalidade da inversión aprobada polo anterior goberno da Xunta de Galiza”
.
O BNG de Ordes, mantivo unha reunión cos veciños da parroquia de Vilamaior para analizar o grado de execución das obras da concentración parcelaria aprobadas na pasada lexislatura pola consellería do Medio Rural.

Segundo informa a nota de prensa remitida polo BNG ordense, "os veciños manifestaron aos representantes do BNG que o ritmo de execución destas obras por parte do actual goberno da Xunta era moi lento, quedando ainda camiños sen abrir e sen rematar o deslinde e amolloamento das parcelas de reemplazo, ademáis de recursos sen resolver".

Gonzalo Castro anunciou que o seu grupo presentará iniciativas tanto no Parlamento de Galicia como no Concello de Ordes para que se finalice “a execución dunha actuación moi importante para o desenvolvemento socioeconómico destas parroquias”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"Comprométome a esixir ao goberno de Feijoó que remate a concentración parcelaria de Barbeiros-Vilamaior, executando a totalidade da inversión aprobada polo anterior goberno da Xunta de Galiza”

*