Catro "brillantes estudantes" pasarán unha semana na cidade de Pszczyna
Poñerán en práctica os seus coñecementos de inglés
O vindeiro sábado, 14 de novembro, e dentro das actividades do Proxecto Comenius que financia a Unión Europea, comeza a viaxe que levará ata Lituania a Paula Martínez Díaz, Adrián García Muíño, Luis Fernando Cruz Ramos (3º ESO) e Andrea Ariño Vilariño (4ºESO), brillantes estudantes do IES 'Maruxa Mallo' de Ordes. Con eles viaxarán a Directora do Centro, Rosa Maceiras Miñán, e a Coordinadora do Proxecto, Isabel Mato Torres.
Durante a estadía dunha semana nese país o alumnado galego terá ocasión de comparar tres culturas, formas de vida e sistemas educativos. Poñerán, asemade, en práctica os seus coñecementos do inglés que será a lingua de comunicación do encontro no que tamén participarán os socios polacos do proxecto, alumnado e profesorado do Instituto Zespól Szkol nº1 da cidade de Pszczyna. Mentres o profesorado dos tres países prepara detalladamente as actividades para o resto do curso, o alumnado convivirá con familias lituanas e asistirá a clases no Instituto 'Atgimimo' da cidade de Druskininkai.

.
Levarán un vídeo do concello de OrdesPero os rapaces e rapazas de Ordes non chegarán coas mans baldeiras pois levan un vídeo onde presentan o centro educativo e o concello de Ordes. Este vídeo foi realizado polos profesores de Galego e Tecnoloxía, Xosé M. F. Castro e Raquel Rendo Martínez, e protagonizado polo alumnado da materia de Expresión Teatral, coa colaboración de todo o instituto.
Tampouco chegarán alí sen coñecementos previos do país porque, tanto eles como o seus compañeiros de nivel, procuraron activamente na internet a información necesaria para solucionar uns detallados cuestionarios sobre Lituania elaborados polos profesores de Historia, Leopoldo Fernández Gasalla e José Martínez Crespo, e adaptados polos mesmos estudantes ao idioma do encontro nas clases de Inglés.
O Concello de Ordes, que se brindou a colaborar, enviará un agasallo institucional ao concello de Druskininkai, que recibirá e dará a benvida aos galegos. Durante a visita achegaranse a diversos lugares turísticos e culturais e para contárllelo todo logo aos compañeiros, dispoñerán dun 'Diario de Viaxe', preparado pola Coordinadora do Proxecto, onde tomarán nota das súas experiencias coa familia, coa comida, co centro educativo e coa viaxe en xeral.

*