Castro: "No concello de Ordes existen enormes potencialidades que reclaman a atención e o apoio decidido do sector público"
O BNG de Ordes fixo hoxe públicas as súas propostas para incluir no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostebilidade Local (FEESL), que ten destinado 1.355.000 euros para investimentos no Concello de Ordes. Consisten no seguinte:
1º) A instalación dun viveiro de empresas, para favorecer o autoemprego e o inicio da actividade a xóvenes emprendedores, permitindo a ubicación no mesmo a empresas nos seus primeiros anos no mercado, acompañandoas e prestándolles un espacio físico que, combinado co ofrecemento de locais, formación, asesoramento e prestación de servizos, cubrirá as necesidades básicas de pequenas e medianas empresas, permitindo mellorar as súas expectativas de supervivencia, ao aforrarlle importantes custos.
2º) A modernización da Praza de Abastos, desenvolvendo un plan de dinamización que facilite a implantación nos postos dos productores do sector primario da comarca, o que contribuirá a reforzar a comercialización dos productos dun sector de grande importancia en Ordes.
Ante esta situación, o portavoz nacionalista afirmou que “o BNG ten solicitado a celebración dun Pleno Extraordinario para aprobar os investimentos e obras a incluir no FEESL, porque consideramos necesario o diálogo e o consenso de todos os grupos políticos co obxectivo de chegar a acordos que permitan aportar soluciones ao problema do desemprego en Ordes”
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
“Estas propostas pretenden paliar unha situación moi preocupante en Ordes que é o gran aumento do paro rexistrado no noso concello no último ano, moi superior ao do resto de concellos da comarca, que ten provocado que perto de 1.000 familias do noso concello estean sufrindo en primeira persoa o problema do desemprego e da falta de oportunidades”
“No concello de Ordes existen enormes potencialidades que reclaman a atención e o apoio decidido do sector público, razón pola formulamos unhas propostas a incluir no FEESL co obxectivo de paliar os efectos da crise no noso Concello”
Foto: Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
*