lunes, 9 de noviembre de 2009

O grupo municipal socialista, molesto coa 'visita sorpresa' do conselleiro Xesús Vázquez

.
O PSOE de Ordes solicita á Xunta de Galicia que manteña a lealdade institucional neste tipo de visitas

O grupo municipal socialista de Ordes fixo esta tarde pública unha solicitude á Xunta de Galicia, e concretamente á consellería de Educación, pola cal reclaman o "debido respecto" cando se realicen actividades ou visitas institucionais no municipio de Ordes. O portavoz municipal do PSOE de Ordes, Xesús Pedreira, lamentou que “o grupo municipal socialista non fora invitado á visita realizada esta mañá polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, ao CEIO de Castro, na parroquia de Parada.
.
Pedreira expresou o seu lamento de que "a pesares do cambio de goberno na Xunta, se volvan repetir situacións como as protagonizadas durante o Bipartito pola daquela delegada provincial do Medio Rural, e que tamén foron denunciadas por este grupo municipal".

A frase de Xesús Pedreira, portavoz da agrupación socialista de Ordes
"Esperamos que nas próximas visitas que realice a Ordes o señor Vázquez Abad ou calquera outro membro do Goberno da Xunta se teña en conta aos grupos do goberno municipal, e non só aos da mesma cor política”

Foto: O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad.


*