lunes, 9 de noviembre de 2009

Corenta veciños participan no curso de preparación para obter o título da ESO

O número de participantes medrou en máis dun 200%, pasando dos 13 alumnos rexistrados en 2008 aos corenta deste curso

Un total de corenta veciños e veciñas participan dende hoxe, e ata o vindeiro mes de xuño, nun curso gratuíto de preparación das probas para obter o título de graduado en Educación Secundaria. Unha cifra que supón un importante crecemento, de máis dun 200%, respecto ao curso de 2008-2009, no que participaron un total de trece persoas.

Ao longo dos vindeiros meses, estes corenta alumnos, todos eles maiores de 18 anos e sen o título de graduado escolar ou graduado en ESO) recibirán dúas horas e media de clases diarias, de luns a venres. Unhas clases que teñen lugar na Casa da Cultura de Ordes, en horario de 19:30 a 22:00 horas, e nas que se prepararán para as probas libres do graduado en ESO, que teñen lugar nos meses de xuño e de setembro.

*