miércoles, 11 de noviembre de 2009

O BNG enmendará os Orzamentos da Xunta para mellorar as inversións no ensino ordense

.
Presentarán unha proposta para destinar ata 1,5 millóns de euros á mellora dos centros educativos de Ordes

Castro: "A partida proposta polo BNG irá destinada á eliminación de barreiras arquitectónicas e á mellora das instalacións no Colexio Castelao"

Gonzalo Castro ven de anunciar que o BNG presentará unha emenda ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2010, que está a tramitarse no Parlamento de Galicia, na que se propón incluir unha partida de 1,5 millóns de euros destinada a resolver os problemas dos centros educativos de Ordes.

A partida proposta, asegura Castro, "irá destinada á eliminación de barreiras arquitectónicas e á mellora das instalacións no Colexio Castelao, para evitar a grave discriminación que están sufrindo os alumnos con discapacidade, así como ás obras de ampliación das instalacións do Colexio Campomaior, para posibilitar a instalación dun comedor neste centro”.

Ampliación do colexio Campoamor
Sobre a ampliación do colexio Campomaior, o portavoz nacionalista emplazou ao alcalde de Ordes “a non retrasar máis os trámites urbanísticos necesarios para permitir a ampliación do colexio Campomaior, xa que é unha actuación moi necesaria para a mellora das infraestructuras destinadas ao ensino público no noso Concello”.

Finalmente, o portavoz municipal do BNG criticou que “o goberno da Xunta de Galiza estea recortando os recursos destinados ao ensino público, como o demostra a supresión da gratuidade universal dos libros de textos, as carencias de profesorado de apoio e as deficiencias nas infraestructuras dos centros, mentres aumenta substancialmente a cantidade de diñeiro destinado ao ensino concertado.”

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"O goberno da Xunta de Galiza debe solucionar tamén outras graves deficiencias do ensino público en Ordes, como a insuficiente dotación de profesorado de apoio e de pedagoxía terapéutica, así como de cuidadores

*