martes, 31 de marzo de 2009

Un conto por cada discapacitado

.
Celébrase o primeiro certame literario xuvenil sobre discapacitados

O Concello e a Asociación de Discapacitados de Ordes (Adiscordes) convocan o primeiro certame literario “Adiscordes”, dirixido a rapaces e rapazas dos tres colexios de primaria do municipio: o CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castealo, o CEIP Campomaior e o CEIP Mesón do Vento. A única condición é que o protagonista deberá ser un discapacitado (ben sexa unha persoa ou un animal humanizado).

Os rapaces presentarán os seus traballos no seu centro escolar antes do 20 de xuño. Cada colexio elixirá os tres mellores contos, que serán enviados a Adiscordes para que o xurado elixa aos tres gañadores. O Concello fará público o seu fallo o 30 de setembro.

As frases de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"O obxectivo é que os nosos nenos tomen conciencia sobre o que é a discapacidade, traballen nas súas clases sobre este tema e así, coa colaboración de todos, podamos conseguir que todos teñamos as mesmas posibilidades de integración na sociedade"

"A Concellería da Discapacidade cumpre co seu compromiso de celebrar iniciativas que fagan que o Día da Discapacidade non sexa só o 3 de decembro, senón que tamén o sexan os outros 364 días do ano para que todos teñamos as mesmas oportunidades"

*