viernes, 13 de marzo de 2009

Cen rapaces e rapazas prantarán árbores no Día Mundial Forestal


Participarán unha vintena de escolares dos centros educativos CEIP Campomaior, Castelao, Mesón do Vento, IES Nº 1 e Maruxa Mallo

Un total de cen rapaces e rapazas, de entre 8 e 12 anos de idade, prantarán cadansúa árbore nunha parcela propiedade do Concello de Ordes e situada a carón do punto limpo, na localidade de O Balado. Trátase dunha das actividades recollidas na II Xornada Forestal de Portas Abertas organizada polo Concello de Ordes e terá lugar o vindeiro martes 17 de marzo, ás 12 horas, en conmemoración do Día Mundial Forestal.

A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"Decidimos adiantar a celebración do Día Mundial Forestal para implicar aos escolares de Ordes e conseguir que aprendan dende moi cativos a respectar o noso medio ambiente"

Foto: Imaxes de plantacións de anteriores edicións.

*