O Concello ven de poñer en marcha dous novos servizos de control da calidade das augas no río e na saída da Estación Depuradora de Augas Residuais
Pedreira: "É un exemplo máis da transparencia que caracteriza ao Goberno municipal"
O informe periódico do verquido da EDAR, elaborado por Espina e Delfín con data 13 de marzo, especifica que os resultados están moi lonxe dos máximos admisibles en parámetros coma sólidos en suspensión (9,4 mg/l fronte aos 35 mg/l), demanda química de osíxeno (44 mg/l fronte aos 125 mg/l) ou demanda bioquímica de osíxeno (17 mg/l fronte a 25 mg/l). No que atinxe á calidade da auga do río Cabrón, a análise realizada por Labaqua especifica tamén a boa calidade e a potabilidade desta auga.
Análises periódicas da potabilidade
Estes novos servizos únense ás análises periódicas da potabilidade da auga xa existentes, e que inclúe tres mostras cada quince días: unha no depósito de cabeceira e outras dúas aleatoriamente ao longo do concello.
Estes novos servizos únense ás análises periódicas da potabilidade da auga xa existentes, e que inclúe tres mostras cada quince días: unha no depósito de cabeceira e outras dúas aleatoriamente ao longo do concello.
As dúas primeiras análises xa se poden consultar na web municipal en formato PDF.
As frases de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con estes novos servizos pretendemos controlar calquera tipo de verquido ao río Cabrón e tamén calquera incidencia que se puidera producir na saída da EDAR"
"É un exemplo máis da trasparencia que caracteriza ao Goberno municipal, especialmente no tema medioambiental, onde xa levamos máis dun ano publicando os datos dos controis periódicos das augas do municipio e da rede de inmisión da central térmica de Meirama"
*