viernes, 27 de marzo de 2009

Castro: "O BNG apoiará as alegacións dos veciños e solicitará que se paralice e arquive o procedemento de recalificación do parque”

.
"O goberno municipal debe escoitar aos veciños e paralizar a recalificación do parque municipal"

O portavoz nacionalista emplazou ao goberno a “abandonar esta política de despilfarro en cemento e formigón”

O BNG de Ordes celebrou hoxe en Santiago de Compostela unha rolda de prensa na que se expuso a posición dos nacionalistas "con respecto á polémica suscitada pola intención do goberno municipal de recalificar como urbanizábeis os terreos do parque municipal 'Felix Rodríguez de la Fuente".

Segundo informa o BNG, no Pleno municipal celebrado o pasado 31 de xaneiro, os votos do goberno "permitiron aprobar o inicio do expediente de recalificación como urbanizábeis dos terreos pertencentes ao parque municipal". Naquel momento, segundo lembrou Gonzalo Castro, “o BNG opuxose á recalificación como urbanísitico do principal espazo de esparcemento e lecer que existe no centro de Ordes”.

Posteriormente iniciouse unha campaña do movemento veciñal ordense contra a recalificación do parque, mediante a recollida de sinaturas, e a presentación de alegacións á recalificación, asinadas por máis de 150 veciños de Ordes.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O BNG comparte e apoia a campaña dos veciños de Ordes para evitar que o parque municipal acabe sendo clasificado como urbanizábel”.

"O BNG opuxose á recalificación como urbanísitico do principal espazo de esparcemento e lecer que existe no centro de Ordes"

"O BNG apoiará as alegacións dos veciños e solicitará que se paralice e arquive o procedemento de recalificación do parque”.
"O Goberno Municipal de Ordes está a desenvolver unha política urbanística que pretende desmantelar o centro neurálxico do pobo e trasladar o mesmo ao campo da feira"
[Exemplo desa política é] "A improvisación e a errónea execución da obra de ampliación da Alameda, que ten suprimido innecesariamente máis de 70 prazas de aparcamento, deixando inutilizábel un importante espazo público no centro de Ordes”

"O que necesitan os nosos veciños é que se utilicen os fondos públicos para mellorar os servicios sociais e para crear emprego en Ordes"


*