Según Gómez Candal, o chiringo e "conforme á lei"
Gómez Candal: "O procedimento de poxa realizouse con total transparencia"
O interventor do Concello de Ordes, a solicitude do concelleiro de Feiras e Turismo, Xosé Luis Gómez Candal, vén de emitir un informe no que asegura que a decisión do Concello de Ordes de efectuar unha poxa sobre a utilización do bar da Festa do Lacón con Grelos é conforme á lei.
Gómez Candal insiste en que o proceso de poxa realizouse con total transparencia e todas as garantías e que o Concello de Ordes limitouse a escoller a poxa máis elevada, que correspondeu ao clube de fútbol, con 2.100 euros, fronte a oferta da Comisión de Festas, de 600 euros. De feito, durante o día de hoxe Gómez Candal fíxolles chegar ás dúas partes o informe do interventor e comprometeuse a facer público o xustificante do ingreso deses 2.100 euros na conta do Concello, despois das infundadas acusacións de irregularidades lanzadas dende a Comisión de Festas.
A comisión de Festas expresara as súas queixas a El Correo Gallego
O concelleiro de Turismo lamenta as acusacións realizadas a través dos medios de comunicación, concretamente do xornal El Correo Gallego por parte da Comisión de Festas do Mesón, xa que “o Concello de Ordes actuou con total transparencia e conforme á legalidade neste caso” e espera que este suceso non enturbie o que deben ser uns días de festa para todos os veciños e veciñas do municipio.
Adxúntase o Informe de Intervención sobre a poxa: