Un total de 57 veciños e veciñas son beneficiarias deste programa
Incluirán os servizos tamén aos días festivos
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ampliará e mellorará o servizo de axuda no fogar, do que actualmente se benefician un total de 57 veciños e veciñas dos municipios de Frades, Ordes e Oroso. Así o aprobou o pleno extraordinario celebrado esta mañán en Ordes e ao que acudiron os alcaldes de todos os concellos da Mancomunidade: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes (-que está representado polo vicepresidente da Mancomunidade, Manuel Astray-), Oroso, Tordoia e Trazo.
O programa de axuda no fogar ten como obxecto prestarlles un conxunto de atencións aos cidadáns, que estén en situacións nas que teñen limitada a súa autonomía persoal ou en casos de desintegración familiar,e que se lles ofrecen no seu domicilio. Deste xeito, a Mancomunidade de Ordes facilita a permanencia desa persoa no seu propio entorno de convivencia mentras iso sexa posible e convinte.

57 veciños e veciñas de Frades, Ordes e Oroso
Actualmente, un total de 57 veciños e veciñas de Frades, Ordes e Oroso (17 deles en situación de dependencia nos termos sinalados na Lei 39/2006) son usuarios deste servizo de axuda no fogar. Un servizo que inclúe atencións de carácter persoal na realización das actividades da vida diaria tales coma asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, contro do réxime alimentario e axuda para alimentarse (se fose preciso), supervisión das rutinas de administración dos medicamentos prescritos polos médicos, apoios para cambios posturais, etc.
As frases de Miguel Prado, presidente da Mancomunidade de Ordes
"A modificación aprobada hoxe supón unha importante mellora do servizo xa que se presta dous días máis á semana e se inclúen tamén os festivos"
"A Mancomunidade de Ordes fará un esforzo moi grande, incrementando as súas aportacións ao programa, para que supoña un abaratamento do prezo final que teñen que pagar os usuarios"
*