martes, 3 de marzo de 2009

O ordense Roberto Faya, campión de España en 400 metros lisos en pista cuberta

.
Campión de España en categoría +35

O atleta ordense Roberto Faya ven de proclamarse campión de España de 400 metros lisos na categoría de maiores de 35 anos. O atleta ordense impúxose a todos os seus rivais na competición celebrada o pasado sábado 28 de febreiro en Zaragoza.

Roberto Faya, que o pasado 7 de febreiro tamén se proclamaba campión absoluto galego de 400 metros lisos, obtivo ao longo desta tempada tres récords galegos, na categoría de maiores de 35 anos. Así, é o plusmarquista galego dos 60 metros lisos (cun tempo de 7,31 segundos), dos 200 metros lisos (cunha marca de 23,86 segundos) e dos 400 metros lisos (cun tempo de 52,25 segundos).

Unha vez en Ordes foi recibido polo concelleiro de Cultura e Deportes, Ramón Vázquez Raña.

*