.
Será ás 12.30 horas na sede comarcal compostelá do BNG
Mañá venres ás 12.30 horas, a sede comarcal do BNG en Santiago de Compostela acollerá a rolda de prensa do grupo municipal nacionalista para tratar un "conflicto urbanístico no Concello de Ordes" que ben poidera tratarse das case 150 alegacións veciñais á posible construcción dun aparcamento soterrado xunto ao parque infantil Féliz Rodríguez de la Fuente.
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes comparecerá na Rúa do Home Santo ante os medios de comunicación.
*