jueves, 19 de marzo de 2009

Ordes viviu a súa noite más musical do ano


A ordense Tania Veiras foi a gañadora na categoría de Intérpretes Nóveles

Según informa o Concello, máis de trescentas persoas encheron na noite de onte mércores a discoteca LP45 de Ordes para asistiren á gran final do II Certame de Novos Intérpretes “Concello de Ordes 2009”.

Intérpretes profesionais
Julieta Barros Suárez, veciña de Cambre alzouse co primeiro posto na categoría de “Intérpretes profesionais”. A súa interpretación do tema Garganta con arena valeulle o primeiro premio do certame, consistente nun trofeo conmemorativo e 800 euros.

O segundo posto foi para Erea Castro Alfonso, de Salvaterra de Miño, e que levou un premio de 500 euros co tema Negra sombra.

O pódium completouno a coruñesa Cristina Cachaldorra Castro, premiada con 300 euros pola súa interpretación de O home do piano.

Intérpretes nóveles
A nosa comarca arrasou na categoría de “Intérpretes Noveles”. Así, o primeiro premio foi para a ordense, Tania Veiras Noya, galardoada con 600 euros grazas á canción A orillas de la ciudad.

O segundo posto, distinguido con 400 euros, foi para María Fosado Otero, de Trazo, que interpretou unha das dúas únicas cancións en inglés do certame: Ain´t no other man.

O terceiro premio, de 200 euros, foi a mans da orosá Lucía Nieto Rivera, co tema Sueños rotos.

Xóvenes intérpretes
Finalmente, na categoría de “Xóvenes intérpretes” houbo un cambio de posicións con respecto á edición de 2008. Así, o premio foi para a lucense Sandra Nieto Cano (segunda clasificada o ano pasado) que se impuxo na noite do mércores co tema Contigo en la distancia, que lle reportou un premio de 500 euros.

O segundo posto foi para Natalia Rodríguez, de Ourense, e que fora a gañadora desta categoría en 2008. O pódium completouno Lidia Sueiro Barbeito, veciña de Culleredo (A Coruña) e que levou un premio de 150 euros.

*