A concelleira Ana Alvarez busca integran ás mulleres foráneas en Ordes, especialmente as marroquís
A Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes vai organizar un “Encontro Intercultural de Mulleres”, que terá lugar o vindeiro venres 13 de marzo. Así se acordou na reunión convocada pola Oficina de Información a Migrantes coas alumnas do curso español-galego para inmigrantes, celebrada na tarde de onte na Casa do Concello.
Durante este encontro, unha ducia de mulleres inmigrantes residentes en Ordes acolleron con satisfacción a iniciativa presentada pola concelleira Ana Álvarez, quen lles propuxo celebrar este “Encontro Intercultural de Mulleres” para fomentar a participación social do colectivo migrante, especialmente do marroquí, e que poidan intercambiar vivencias coas veciñas de Ordes de toda a vida.

A frase de Ana Álvarez, concelleira de Servizos Sociais e Terceira Idade
"Non se trata de traer moitas comida ou de gastarse os cartos nesta iniciativa, senón de probar cousas que non se coñecen e que sexan elas mesmas quen expliquen as receitas ou a orixe dos bailes"
A frase de Nazaret González, directora del Centro de Información á Muller
"Empezamos a traballar co colectivo de mulleres, pero o noso obxectivo é empezar a traballar con toda a familia e que participen nas actividades municipais como, por exemplo, practicando algún deporte"
*