Astray: "Nós somos un Goberno que escoita á sociedade"
A decisión tomouse na reunión da Comisión de Goberno do venres 19 de marzo e elevarase ao vindeiro pleno do 6 de abril
Queda por coñecer a decisión dos técnicos respecto das obras de ampliación da Casa do Concello
O Concello de Ordes non autorizará a construción dun parking soterrado baixo o parque municipal “Félix Rodríguez de la Fuente”. Así o decidiu a Comisión de Goberno reunida o pasado venres 19 de marzo diante das alegacións veciñais presentadas ao proxecto durante o prazo de exposición pública do acordo tomado polo pleno municipal de febreiro.
“Nós somos un Goberno que escoita á sociedade”, explica o voceiro municipal, Manuel Astray, “e diante das alegacións presentadas polos veciños ao proxecto do parking, xa o pasado venres tomamos a decisión política de non seguir adiante coa modificación das normas para facer un parking soterrado"
Se rexistraron numerosas reclamacións
Na sesión de febreiro, o pleno aprobou unha modificación puntual das normas subsidiarias para acometer a ampliación da casa consistorial e a posible construción dun aparcamento soterrado na zona do parque municipal. Despois, abriuse o correspondente prazo de exposición pública para a presentación de alegacións, no que se rexistraron numerosas reclamacións acompañadas por 142 sinaturas válidas.
Por esa razón, o Concello de Ordes decidíu levar á comisión informativa de Urbanismo, que terá lugar durante a vindeira semana, ás alegacións veciñais ao acordo plenario para que os técnicos decidan se a modificación das normas subsidiarias, no tocante á ampliación da casa consistorial, pode seguir adiante a súa tramitación cara a súa aprobación definitiva.
A intención do grupo de Goberno ao analizar esta situación legal na Comisión de Urbanismo é evitar que o proxecto de ampliación da casa do concello teña que sufrir un retraso de ata dous meses. Se os técnicos deciden que este cambio non é posible, o grupo de Goberno de Ordes levará ao pleno ordinario do vindeiro 6 de abril a proposta de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para acometer a ampliación da casa consistorial.
De todos modos, tanto Manuel Astray coma Roberto González insisten en que en ningún momento houbo proxecto algún para a construción dun parking soterrado na zona do parque municipal e que o único que se fixera fóra un cambio de uso do suelo que permitía esa posibilidade.
A frase de Roberto González, concelleiro de Obras de Ordes
"As alegacións foron dirixidas ao proxecto do parking, non ao da Casa do Concello"
As frases de Manuel Astray, portavoz do Goberno municipal
"A nosa intención é ver se é posible desglosar ambos proxectos para non ter que volver a aprobar esta modificación no pleno de abril e ter que abrir un novo prazo de exposición pública para a ampliación da casa consistorial"
"Como sintonizamos coa xente, e está claro que non queren un parking aló, a este Goberno non se lle caen os aneis en rectificar a decisión pensando no ben xeral dos veciños"
*