martes, 17 de marzo de 2009

Gran final do II Certame de Novos Intérpretes

,
Mañá mércores en LP45 a partires das 20.30 h.

Un total de 15 cantantes procedentes de toda Galicia disputarán mañá mércores 18 de marzo a gran final do II Certame de Novos Intérpretes “Concello de Ordes 2009” nunha gran gala que terá lugar na discoteca LP-45, a partires das 20:30 horas. Unha gala na que estarán acompañados polos seis gañadores das categorías “Pequenos Intérpretes” e “Interpretación galega”.

Intérpretes Noveles: Braix Castro Días (A Coruña), María Fosado Otero (Trazo), Lucía Nieto Rivera (Oroso), Sara Pérez Fandiño (A Coruña) e Tania Veiras Noya (Ordes). Estes cinco finalistas competirán por tres premios de 600, 400 e 200 euros, respectivamente.

Xóvenes intérpretes: Iria Bermúdez París (Mazaricos), Alba Caamaño Castro (Santa Comba), Sandra Nieto Cano (Lugo), Natalia Rodríguez Núñez (Ourense) e Lidia Sueiro Barbeito (Culleredo). Os xóvenes repartiranse tres premios de 500, 300 e 150 euros, respectivamente.

Intérpretes profesionais: José María Álvarez Castro (A Coruña), Julieta Barros Suárez (Cambre), Erea Castro Alfonso (Salvaterra de Miño), Cristina Cachaldorra Castro (A Coruña) e María Felisa Iglesias Acuña (Pontevedra). Para eles está establecido un primeiro premio de 800 euros, un segundo premio de 500 euros e un terceiro posto de 300 euros.

Patrocinado por Concello, Ferralla Lois, Reale Seguros e Jaime Castro Asesoría
A gran gala final será presentada por Xosé Ramón Rioboo e retransmitida en directo por Radio Ordes. As portas da Discoteca LP-45 abriranse ás 20:00 horas, media hora antes do inicio das actuacións. A entrada é de balde.

O II Certame de Novos Intérpretes está organizado polo Concello de Ordes, en colaboración coas empresas Ferralla Lois, Reale Seguros e Jaime Castro Asesoría-Seguros.


*